Martes 27 de Xuño de 2017

O Concello de Oroso celebrará mañá sábado o Día das Persoas Maiores


O Concello de Oroso celebrará mañá sábado 22 de abril o Día das Persoas Maiores, ao que están convidadas unhas seiscentas persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oroso e as súas parellas. Unha festa que terá lugar a partir das 12:30 horas no complexo deportivo Juanito Amigo Ferreiro de Sigüeiro.

A celebración dará comezo ás 13:00 horas cunha misa coa participación do coro Santa Catalina, que dará paso a unha intervención do alcalde, Manuel Mirás, que presidirá o acto. O xantar dará comezo ás 14:00 horas e a partir das 16:30 horas haberá unha festa-baile. O Concello de Oroso ofrecerá transporte para todas aquelas persoas que teñan dificultade para poder asistir á celebración.