Sábado 18 de Agosto de 2018

A Deputación asume a reparación da piscina municipal de Coirós


As obras consistirán na instalación dun novo teito metálico a base de chapa de fibrocemento con aleiro de protección lateral

O presidente da Deputación, Diego Calvo, vén de asinar un acordo co alcalde de Coirós, Francisco Quintela, polo que a institución provincial asumirá a reparación da piscina municipal do concello.

A través dunha achega de 24.997,81 euros, dotarase ao edificio dunha nova cuberta metálica a base de chapa de fibrocemento con aleiro de protección lateral. Tamén se inclúen novos caleiros e baixantes, así coma o pintado interior do teito.

Así, a Deputación mantén o seu compromiso de chegar a todos os concellos e mellorar as súas infraestruturas para que os veciños teñan maior calidade de vida.