Xoves 12 de Decembro de 2019

O alcalde entrega xunto co delegado territorial os diplomas acreditativos aos alumnos do Plan de Formación


O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, a edil de Desenvolvemento Socioeconómico, Leonor Fernández, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, e o xefe territorial de Emprego, Isidoro Martínez, acudiron hoxe ao Centro de Formación de Espíritu Santo ao acto de clausura dos cursos de formación enmarcados dentro do Plan de Accións Formativas para Desempregados AFD/2016.

O alcalde destacou a aposta pola formación profesional para o emprego que asegurou, “ten un papel esencial nos cambios que necesita noso modelo productivo, para situarnos nunha senda sostible de crecemento e xeración de emprego estable e de calidade. Por este motivo, o Concello de Cambre sigue traballando nesta liña poñendo en marcha actuacións encamiñadas a mellorar as competencias e cualificación profesional”.

Os novos profesionais da Atención Sociosanitaria de persoas en domicilio, da Soldadura, e de Montaxe e mMantenemento de instalacións solares térmicas, obtiveron ao rematar un certificado de profesionalidade que os acreditará para poder traballar na ocupación, despois de realizar prácticas en empresas da especialidade cuxa finalidade é facilitar ao alumnado o primeiro contacto coa realidade laboral adquirindo experiencia no posto de traballo.

“Son consciente de que en moitas ocasións resultouvos difícil, polo esforzo requirido, as datas nas que se desenvolven estas accións, os longos horarios, os arduos contidos, pero grazas á constancia e á loita diaria de todos os participantes tedes demostrado que os obxectivos marcados se conseguiron sobradamente, de feito algún de vos estades traballando, algunho/a nas empresas nas que realizasteis as prácticas do curso”.

Os Concello de Cambre é conscente dos excelentes resultados que están dando estes proxectos, xa que lévase a cabo un seguemento posterior que dannos un coñecemento real da inserción profesional das persoas que pasaron por eles.