Mércores 27 de Xaneiro de 2021

O espazo de ocio de punta do Castro en castiñeiras xa conta cun Parque Infantil


O Concello de Riveira informa de que xa está listo o novo parque infantil situado en punta do Castro dentro da área de esparcemento alí existente dende a obra de demolición da fábrica de conservas.

Hai que recordar que esta actuación foi executada polo Concello xunto coa mellora do parque infantil existente no lugar de Ameixidas, tamén pertencente á parroquia de Castiñeiras, e que está a punto de finalizar tamén. Ambos suman un investimento de 40.397,09 euros. Conta cunha axuda económica da Deputación da Coruña correspondante ao protgrama FOAYIA.

O parque de punta do Castro contén, entre outros elementos, un gran xogo combinado formado por distintos tobogáns e tubos trepadores ou tamén un columpio dobre sobre unha superficie amortiguada de caucho de 16,4 por 9,60 metros, perimetrada por un valado de polietileno de distintas cores.