Venres 15 de Decembro de 2017

A Brigada de Obras fabrica novas portas de madeira para o Peto de Ánimas do cruceiro de Moldes que ardeu a semana pasada


O Concello de Riveira informa de que a Brigada Municipal da localidade estivo traballando ao longo desta semana no acondicionamento do cruceiro de Moldes e o seu entorno logo de que a pasada semana rexistrase un pequeno incendio que provocara algúns danos, entre eles no peto de ánimas que quedou calcinado.

Neste senso, a brigada construíu dúas novas portas de madeira con cristais ademais de limpar a contorna do cruceiro durante estes últimos días.