Luns 16 de Setembro de 2019

Adxudicada unha actuación para a renovación de servizos e pavimentación da rúa Pinisqueira na localidade de Aguiño


O Concello de Riveira informa da adxudicación dunha nova actuación dedicada á renovación de servizos e pavimentación da rúa Pinisqueira en Aguiño.

Esta obra foi adxudicada a Construcciones Ponciano Nieto, S.L., cun prezo de 67.246,77 euros, estando adscrita ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) 2016. Había 16 empresas ofertantes.

Na actualidade, a zona de actuación atópase bastante deteriorado, con asentamentos na capa de aglomerado asfáltico. Ademais, o colector de saneamento é de formigón e carece rede separativa de alcantarillado. A rede de abastecemento de auga é de fibrocemento.

O proxecto técnico elaborado polos servizos municipais persegue substituír a tubaxe de auga existente por outra de polietileno de alta densidade (diámetro de 110 milímetros). Para o saneamento de fecais colocarase un colector de PVC liso de 315 milímetros e para pluviais outro de PVC corrugado de 315 milímetros. Construiranse pozos de rexistro cada 35-40 metros.

Polo que se refire á pavimentación, se empregará unha mestura bituminosa en quente tipo D-12 de 5 centímetros de espesor en toda a superficie da calzada.

O prazo de execución é de catro meses.