Martes 23 de Xaneiro de 2018

A concelleira Susana García clausura o curso de competencias clave


Esta mañá clausurouse o curso de competencias clave promovido pola Oficina de Emprego do Concello de Ordes e o Departamento de Orientación Laboral da Mancomunidade de Ordes. As clases deron comezo a principios do pasado mes de abril e asistiron un total de 60 alumnas. Un esforzo que lles facilita o seu acceso a outros ciclos e cursos, como por exemplo os do INEM. Susana García, Concelleira de Benestar Social do Concello de Ordes, quixo compartir con elas este último día. Animou a todas “a seguir estudando para ter máis oportunidades laborais” e puxo á súa disposición “todos os medios e recursos do Concello en materia laboral e formativa”.