Domingo 22 de Abril de 2018

Xoves 18 de maio ás 20:00 h, Día Internacional dos Museos, o Museo Valle-Inclán cumpre 30 anos da súa apertura ao público


Xoves 18 de maio ás 20:00 h, Día Internacional dos Museos, o Museo Valle-Inclán cumpre 30 anos da súa apertura ao público. Para celebralo inaugúrase unha exposición temporal sobre a riqueza en arquitectura e deseño da Torre Bermúdez (século XVI), un ben de interese cultural declarado Monumento Histórico Artístico de carácter Nacional. Componse dunha serie de láminas de auga tinta, debuxos arqueolóxicos de alta calidade e de perfección técnica, creados polo recoñecido artista cuntiense Heitor Picallo. Coincidindo con esta efeméride, igualmente, editase un libro: “A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal”, catálogo da obra exposta, cun ensaio histórico sobre os 500 anos do edificio de Antonio González Millán, director do Museo.