Domingo 21 de Xaneiro de 2018

O mércores 17, Día das Letras Galegas”, o Concello da Pobra proxectará o documental “Porta para o exterior”


O mércores 17, Día das Letras Galegas”, o Concello da Pobra proxectará o documental “Porta para o exterior”, nel se nos fala sobre a problemática do reintegracionismo con entrevistas a destacables representantes da cultura galega e a xentes do pobo, poñendo de manifesto que 30 anos despois de aplicar a norma ortográfica que rexe actualmente, o proceso de normalización lingüística se amosa moi lonxe dos resultados prometidos.
Tras a proxección iniciarase un debate cos directores do documental, Sabela Fernández e José Ramón Pichel e un membro da Associaçom Galega da Lingua, Joam Evans Pin.
Será no Auditorio do Museo Valle-Inclán, ás 12.00 horas.