Mércores 22 de Novembro de 2017

Club de Patinaxe Galia, campioas e subcampioas provinciais


O Club Patinaxe Galia acaba de engadir dous novos títulos ao seu amplo palmarés. Trátase dos de campioa e subcampioa provincial dentro da fase de Deporte Escolar de Patinaxe Artística de Grupos Show nas categorías grupo pequeno de secundaria e grande de primaria respectivamente. A competición tivo lugar no Pazo de deportes de Riazor, na Coruña, coincidindo co Día das Letras Galegas. A proba englobábase dentro do Campionato Deporte Escolar e nela participaron 30 equipos. Xardín silvestre e Noite estrelada foron as coreografías representadas polas 35 patinadoras locais. Todas elas, tal e como manda a tradición, celebraron ambas as vitorias cun baño no pío da alameda ordense.