Sábado 27 de Maio de 2017

Charla sobre nutrición saudable a cargo da Mancomunidade de Ordes


A charla sobre nutrición saudable organizada pola Mancomunidade de Ordes reuniu esta mañá a máis de 30 asistentes. Organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade abordáronse aspectos relacionados coa inxestión de calorías, hábitos de vida saudables en relación coa alimentación, necesidades e problemáticas nutricionais, propiedades básicas dos alimentos, habilidades sociais etc. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia colabora na posta en marcha desta iniciativa.

Deja un comentario