Luns 20 de Novembro de 2017

Un total de 372 traballos de sete centros educativos presentados á XXV Edición do Certame Literario das Letras Galegas


O Auditorio foi escenario hoxe da entrega de premios

Un ano máis, o Auditorio Municipal de Riveira foi escenario da celebración dunha nova edición do Certame Literario das Letras Galegas: a número 25 nada menos, e para tal ocasión o salón de actos encheuse por completo con máis de 270 nenos que non se quixeron perder detalle do evento.

A actividade, promovida pola Concellería de Educación e Cultura, comezou coa actuación musical de O Viravai con “As andanzas de Paio”, para proceder a continuación á entrega de premios nos que se distinguían as mellores creacións escolares nas categorías de prosa, verso e banda deseñada entre alumnos con idades de 7 a 13 anos.

Presentáronse un total de 372 traballos (74 máis que o ano pasado) de sete centros do municipio: Heroínas de Sálvora de Aguiño, Palmeira, O Grupo, Artes, Galaxia, A Milagrosa de Oleiros e Frións.

Dezaoito foron os distinguidos, máis unha accesit na modalidade de poesía de 7 a 10 anos.

O alcalde Manuel Ruiz foi o encargado de entregar os premios e diplomas aos galardoados, ademais dun lote de libros a cada centro educativo participante que foron recollidos polos profesores presentes.

Achégase a relación completa de premiados:

Modalidade: PROSA

Categoría: (A) 7 a 10 anos

TÍTULO AUTOR ou AUTORA COLEXIO
Premio “O último muíño” Elena Abad Ramírez CEIP Palmeira (4º)
Premio “A Estrela” Arancha Lojo Fernández CEIP O Grupo (3º)
Premio “A nena loitadora” Reyes Lobera Muñiz CEIP de Artes (2º)

Categoría: (B) 10 a 13 anos

TÍTULO AUTOR ou AUTORA COLEXIO
Premio “A cidade de Valverde” David Casais Bargiela CEIP de Artes (6º)
Premio “Memorias dun caixón” Laura Santiago Beceiro CEIP O Grupo (6º)
Premio “A cadela viaxeira” Carla Villagrán CEIP de Palmeira (5º)

Modalidade: POESÍA

Categoría: (A) 7 a 10 anos

TÍTULO AUTOR ou AUTORA COLEXIO
Premio “A paxariña de papel” Marta Crujeiras Morlán CEIP de Palmeira (3º)
Premio “Os suspiros dos piñeiros” Sergio Fernández Blanco CEIP Heroínas de Sálvora (4º)
Premio “As paisaxes de Galicia” Raquel Martís Pérez CEIP O Grupo (3º)
O xurado por unanimidade decide concederlle un accésit na categoría de poesía A, a Nicolás Mosquera Sánchez de 5º curso de Educación primaria do CPR Galaxia pola súa obra “Vicente”.

Categoría: (B) 10 a 13 anos

TÍTULO AUTOR ou AUTORA COLEXIO
Premio “1963” Alexandra Mariño Rama CPR A Milagrosa (6º)
Premio “Miña terra” Juan Francisco Tomé Sampedro CEIP de Frións (6º)
Premio “O lobo e os sete cabritos” Ana Vidal Pérez CPR Galaxia (6º)

Modalidade: CÓMIC

Categoría: (A) 7 a 10 anos

TÍTULO AUTOR ou AUTORA COLEXIO
Premio “O gato perdido” Marina Ribeiro Fernández CEIP DE Artes (4º)
Premio “O escudeiro” Pedro Romero Ayaso CEIP O Grupo (3º)
Premio “Ana no supermercado” Anahí Shantal Oruna Rosales CPR Galaxia (5º)

Categoría: (B) 10 a 13 anos

TÍTULO AUTOR ou AUTORA COLEXIO
Premio “A extravagante vida nocturna do fondo do mar” Xabier Martín Lois CEIP de Palmeira (6º)
Premio “Maldito móbil” Laura Santiago Beceiro CEIP O Grupo (6º)
Premio “O can obediente” Daniel Simarro Pizarro CPR Galaxia (6º)