Mércores 24 de Outubro de 2018

Animada fin de semana cunha actuación contocontos e un concerto da rondalla de Aguiño dentro dos actos do Maio Cultural


Riveira viviu esta pasada fin de semana unha animada con dúas interesantes actividades.

Dun lado, o contacontos infantil O Xigante Verde que o pasado sábado escenificou na Biblioteca o espectáculo Elefante Elegante: narración oral acompañada polo teatro xestual e a constante presenza da música, tellendo unha historia na que conviven o cómico e o poético, a forza da palabra e a elocuencia do xesto.

Ademais, o domingo no Auditorio tivo lugar un concerto da Rondalla de Aguiño dirixido por Álex Millet.

Conferencia sobre Carlos Casares
A programación do Maio Cultural proseguirá este mércores coa conferencia sobre Carlos Casares que ofrecerá Henrique Monteagudo, doutor en Filoloxía, profesor e membro numerario da Real Academia Galega. Terá lugar ás 20 horas no Lustres Rivas.