Martes 19 de Marzo de 2019

Showcooking na Praza de Abastos de Ordes da man de Jenaro Fieira para celebrar o Día do mercado


A Praza de Abastos de Ordes celebrou o Día do mercado cun showcooking conducido polo mestre e cociñeiro Jenaro Fieira Noya. En vivo fixo unha mostra de como preparar pratos orixinais con produtos dos que se poden atopar no mesmo mercado. Vasiño de gaspacho de amorodos, tosta de atún mariñado con micropisto e sésamo, copa de iogur cremoso con crema de mazá ao forno e crocante de améndoa foron as receitas que se poderon aprender e degustar ao longo da mañá.
A dita iniciativa forma parte da campaña ‘Quere o teu mercado’, lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes. Como obxectivo principal está o de destacar o papel dos mercados nas cidades, potenciar a compra do produto local e enxalzar a profesionalidade de praceiros e praceiras.