Martes 31 de Marzo de 2020

As ordenses Lara López e María Pena sobresaen no Campionato Galego Cadete de Atletismo en Pista


Destacada actuación das ordenses Lara López Fernández e María Pena Ferreiro no Campionato Galego Cadete de Atletismo en Pista disputado esta fin de semana nas instalacións da Malata, en Ferrol. Lara López proclamouse campioa galega cadete na proba de 100 metros lisos, así como obtivo a medalla de bronce nos 300 metros lisos. Pola súa banda María Pena Ferreiro acadou o título de campioa galega cadete na proba de lanzamento de xavelina, cunha distancia de 33.96 metros. Ambas as atletas son integrantes do Club Atlética A Silva.