Martes 23 de Xaneiro de 2018

Festa de inauguración das obras de reforma realizadas no campo do fútbol do Monte


Festa de inauguración das obras de reforma realizadas no campo do fútbol do Monte, do club San Tirso de Mabegondo, en Abegondo, realizadas cunha achega de preto de 190.000 euros por parte da Deputación da Coruña.
Ao acto acudiron, ademais de representantes do Concello de Abegondo e da Xunta, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; o alcalde da Coruña, Carlos Negreira; e o presidente do Deportivo da Coruña, Tino Fernández.
Durante a súa intervención, Calvo animou a todos os xogadores do clube “a desgastar este novo céspede” porque, deste xeito, apuntou, “quedará demostrado o moi necesaria que era esta obra para que poidades seguir xogando aquí”.
Ademais, ante todos os xogadores do San Tirso, anunciou que a Deputación da Coruña apoiará economicamente a próxima reforma dos vestiarios no campo.