Martes 10 de Decembro de 2019

Unha actuación permitiu acondicionar 251 metros cadrados para aparcamento en batería na rúa Agustín Fernández Oujo


O Concello de Riveira informa de esta semana se procedeu á realizar unha pequena actuación na rúa Agustín Fernández Oujo, no casco urbano da cidade, dirixida a adecuar un tramo da calzada deste vial.

Concretamente, o que se fixo foi pavimentar con aglomerado asfáltico unha superficie de 251 metros cadrados destinada a zona de aparcamento en batería que había quedado en terra como consecuencia do retranqueo das beirarrúas.

Solares privados
Esta actuación foi abordada precisamente no último pleno da Corporación Local nun punto da orde do día no que tamén se acordou negociar cos propietarios de dous solares privados situados nesta mesma rúa para ver se poden ser acondicionados e destinados temporalmente a uso público, moi probablemente como zona de aparcamento.

Os traballos foron acometidos pola empresa Eulogio Viñal no marco dun macroproxecto que inclúe a mellora o pavimentación asfáltica dun total de 19 viais repartidos entre as distintas parroquias do municipio, tales como o acceso ao miradoiro de Os Castelos en Aguiño. O importe global de todas estas actuacións ascende a 53.264 euros e o prazo de execución tres meses.