Venres 23 de Agosto de 2019

O centro cultural de Sigüeiro acolle mañá venres a xornada gratuíta “A parentalidade positiva”, para familias con fillos menores de 3 anos


O Concello de Oroso e a Mancomunidade de Ordes organizan a xornada “A parentalidade positiva” dirixida a familias con menores de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. A charla terá lugar mañá venres 8 de xuño, de 19:00 a 21:00 horas, no centro cultural de Sigüeiro. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente no propio centro cultural ou no teléfono 981 690 903.

A charla será impartida por profesionais do Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Ordes e xirará en torno a como educar aos fillos con firmeza e cariño. A xornada está organizada polo Concello de Oroso e a Mancomunidade de Ordes, coa colaboración da Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo.