Martes 10 de Decembro de 2019

1.127 escolares xa participaron nas visitas guiadas por San Roque, Castro da Cidá e Pedra da Ra ofrecidas por turismo de Riveira


De colexios procedentes de dentro e fóra de Barbanza

A Concellería de Turismo de Riveira que dirixe Antonio Freire Brión está a organizar dende finais do mes de maio visitas guiadas polo parque periurbano de San Roque, o miradoiro de Pedra da Ra e o Castro da Cidá, que conforman tres dos enclaves de maior atractivo do municipio.

Ata o momento son 1.127 os escolares que participaron nesta iniciativa, procedentes tanto dos centros de ensino do concello como de outros lugares como Camariñas, Porto do Son, Cabo de Cruz, A Estrada, Serra de Outes, Vilanova de Arousa, Vigo, Lugo e outros.

Próximas visitas
A iniciativa segue en marcha pois non en van forma parte do programa do Xuño da Cultura e as Artes. Así, as próximas visitas que están pechadas de momento son:

– Luns 12 de xuño de 10.00 a 13.00 h: Cep Salustiano Rey Eiras de A Pobra do Caramiñal (52 persoas)

– Martes 13 de xuño de 9:30 a 13.00 h: IES Leliadoura de Riveira (101 persoas)

– Martes 20 de xuño 11.30 en adiante: Colexio Xulio Camba de Vilanova de Arousa (44 persoas)

– Venres 23 de xuño de 9.30 a 13.30: IES nº 1 de Riveira (93 persoas)