Martes 25 de Setembro de 2018

O Trofeo de F-8 Concello de Touro, para o AD Burgo das Nacións en alevíns e para o SD Cruces en prebenxamíns


O Trofeo de F-8 Concello de Touro disputado o pasado fin de semana foi para o AD Burgo das Nacións na categoría alevín, que cumple a su oitava edición, e para o SD Cruces na categoría prebenxamín, na súa primeira edición. O campo de fútbol municipal de Loxo viviu durante todo o pasado sábado unha intensa xornada de deporte. No VIII Torneo F-8 Alevín Concello de Touro e no I Torneo F-8 Prebenxamín Concello de Touro, organizado pola Sociedade Deportiva Touro, participaron un total nove de equipos e máis de 100 rapaces e rapazas.
A final da categoría alevín disputáronna o equipo do AD Burgo das Nacións e o Cire Melide. Venceu o AD Burgo das Nacións. O terceiro posto foi para o Bertamiráns CF, que venceu ao SD Touro para facerse coa terceira praza.
Pola súa banda, a final da categoría prebenxamín disputouse entre SD Cruces e AD Burgo das Nacións. Gañou o SD Cruces. O terceiro posto logrouno o Atlético Fátima, que gañou ao SD Touro na disputa pola terceira praza do torneo. Durante toda a xornada do sábado disputáronse encontros. A entrega de premios, ao final do torneo, estivo presidida polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido, e pola concelleira de Deportes, Adela Iglesias, e por membros da directiva do SD Touro, co seu presidente ao frente, Miguel Iglesias.
A SD Touro agradeceu a presencia de todos os equipos participantes no torneo que xa é unha referencia na comarca de Santiago e tamén ao Concello de Touro polo seu apoio. “Sen eles todo isto non sería posible”, afirman dende a SD Touro, que para o próximo ano programará unha nova edición.