Martes 19 de Novembro de 2019

Cincuenta veciños e veciñas pechan no Grove a Campaña de Sendeirismo 2017 do Concello de Brión, que incluíu cinco saídas


Medio cento de veciños e veciñas de Brión percorreron un total de 22 quilómetros polo municipio do Grove, na que foi a quinta e derradeira Ruta de Sendeirismo que organiza o Concello de Brión esta temporada. En total, a Campaña de Sendeirismo 2017 incluíu cinco saídas cun total de 250 participantes.

Os sendeiristas brioneses saíron en autobús a primeira hora da mañá da Carballeira de Santa Minia, de onde saíron con destino a praia da Lanzada, onde visitaron o santuario e iniciaron un percorrido de 22 quilómetros de dificultade baixa pola costa do Grove, desfrutando tanto das sendas de madeira dende o porto deportivo de Pedras Negras ata a zona do Con Negro, como dos cantís da zona cun mar de Arousa máis bravo.

Con esta ruta, o Concello de Brión pon o peche á súa Campaña de Sendeirismo 2017, que este ano incluíu cinco destinos: Rianxo, Allariz, Carballeda de Avia, Serra de Outes e O Grove. Por primeira vez, incluíronse destinos na provincia de Ourense, como foron as rutas por Allariz e Leiro-Carballeda de Avia. Nas cinco saídas cubríronse as cincuenta prazas ofertadas polo Concello de Brión.