Domingo 21 de Xaneiro de 2018

O Concello de Touro acolle o próximo sábado, 17 de xuño, a VIII Ruta Río Ulla en BTT


O Concello de Touro e o seu patrimonio natural acollen o próximo sábado, 17 de xuño de 2017, a súa VIII Ruta Río Ulla en BTT, unha proba aberta a todos os afeccionados ao ciclismo na natureza. A partir das 16.00 horas está previsto o inicio da proba, que partirá da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz, e que organiza o propio Concello. Os organizadores confían na participación de centos de ciclistas chegados de toda Galicia. Os participantes percorrerán 40,5 quilómetros por plena natureza e acompañando en boa parte do percorrido o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro. Tamén haberá unha ruta curta de 29 quilómetros. A ruta, xa consolidada no calendario de probas de afeccionados de BTT, ten unha calificación de dificultade técnica/física: media/alta. A ruta corta de 29 quilómetros e de dificultade técnica/física: media. O Concello de Touro, organizador da proba, anuncia que haberá premios para todos os participantes. Colaboran tamén a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, as Casas de Turismo Rural de Touro e a Imprenta Ayude de Arzúa.