Martes 23 de Xaneiro de 2018

Excelentes resultados das alumnas da Mancomunidade de Ordes no curso de competencias clave


As alumnas do curso de competencias clave organizado pola Mancomunidade de Ordes veñen de acadar uns excelentes resultados tras facerse públicos por parte da Xunta de Galicia. O nivel de aprobados ronda o 100% dun total de 32 mulleres que se presentaron ás probas. O curso formativo para este tipo de probas, que tivo lugar de abril a maio, foi promovido pola Oficina de Emprego do Concello de Ordes e o Departamento de Orientación Laboral da Mancomunidade de Ordes.