Mércores 24 de Xullo de 2019

O Sábado de portas abertas adiántase a esta fin de semana


Este vindeiro sábado, 17 de xuño, o alcalde e membros do seu equipo de Goberno estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello. Nesta ocasión o ‘Sábado de portas abertas do Goberno Local’, adiántase xa que o último sábado de mes, data na que habitualmente se leva a cabo esta iniciativa, coincide coa celebración do San Xoán. Deste xeito quérese facilitar o máximo posible o contacto directo entre os veciños e veciñas de Ordes e os seus representantes municipais, pensando especialmente naquelas persoas que por motivos laborais ou doutra índole non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen o desexe pode facelo chamando ao 981 680 002 extensión 0.