Martes 23 de Xaneiro de 2018

Un centenar de afeccionados ao ciclismo na natureza participaron hoxe na VIII Ruta Río Ulla en BTT de Touro


Arredor de 100 afeccionados ao ciclismo na natureza participaron na tarde de hoxe, 17 de xuño, na VIII Ruta Río Ulla en BTT en Touro. Os corredores disfrutaron dunha tarde de sol. As temperaturas en Touro alcanzaron cotas de pleno verán. Os participantes situáronse puntualmente na meta, instalada nun lateral da sede do Concello de Touro, para tomar a saída. Antes de iniciar a ruta non competitiva polas pistas os arredor de 100 ciclistas situáronse baixo a pancarta de meta. Logo xa comenzaron o percurso que os levou polas paraxes máis fermosas da comarca de Santiago, nas ribeiras do Ulla. Hoxe máis apetecía un baño que subir á BTT. Por eso os que hoxe se citaron en Touro son realmente amantes deste deporte. Os participantes percorreron 40,5 quilómetros por plena natureza e acompañando o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro. Polo río corría unha brisa que fixo algo máis agradable o percorrido. Os cliclistas tamén aproveitaron as zonas de sombra, entre a natureza desbordante do Ulla ao seu paso polo Concello de Touro.

A ruta, xa consolidada no calentario de probas de BTT, tiña unha calificación de dificultade técnica/física: media/alta. Tamén houbo unha ruta corta de 29 quilómetros. O Concello de Touro, organizador da proba, repartiu premios para os participantes. Colaboraron na organización da proba a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, as Casas de Turismo Rural de Touro e a Imprenta Ayude de Arzúa. Tras a proba sorteáronse cinco fins de semana para dúas persoas nos siguentes establecementos hoteleiros do Concello de Touro: A Pena de Augasantas (Beseño), Casa Míguez (Quión), Pazo de Andeade (Andeade), Divina Pastora (Loxo) e Fogar de Ínsua (Prevediños).