Luns 16 de Xullo de 2018

Veciños de Touro visitaron as Rías Baixas


Un grupo de 60 veciños e veciñas de Touro visitaron o pasado fin de semana as Rías Baixas. A viaxe foi o sábado, 17 de xuño. A primeira hora partiron do Concello e disfrutaron dunha xornada de sol coñecendo os lugares máis emblemáticos das Rías Baixas. Visitaron Combarro, Cambados e A Toxa. Os excursionistas fixeron unha travesía polo ría no Grove e degustaron o mexillón da ría. A próxima viaxe que organiza o Concello de Touro será ao Norte de Portugal. Está prevista para o sábado 29 de xuño. Os interesados poden apuntarse ata o 20 de xullo no departamento de Cultura do Concello ou no teléfono 981.814.566. A excursión percorrerá Viana do Castelo e Valença coa súa fortaleza.