Martes 27 de Outubro de 2020

Alumnos do CEIP Plurilingüe Os Casais de Fene botarán barcos de papel no peirao de Maniños en lembranza dos emigrantes


Mañá mércores, 21 de xuño, alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Os Casais de Fene botarán uns barcos de papel maché pintados por eles mesmos no peirao de Maniños. O colectivo Patio de Butacas fixo estes barcos para o festival multicultural Migrasóns e para lembrar os barcos afundidos na nosa costa intentando cruzar ás Américas. Os pequenos trasladaranse dende o colexio ata o peirao ás 9.30 da mañá para botar o seu barco arredor das 10.00 mentres os maiores lerán parte das historias referidas a aqueles sucesos. Ao finalizar o acto, recollerán os barcos, cos que montarán unha exposición.