Martes 27 de Outubro de 2020

Ata mañá xoves para anotarse no obradoiro Verán en Danza da Escola de Ballet


A Escola Municipal de Ballet de Riveira informa de que o prazo para preinscribirse no obradoiro Verán en Danza 2017 rematará mañá xoves 22 de xuño.

Haberá dous niveis:

• Danza Clásica 1 NIVEL INTERMEDIO: con coñecementos previos e novos participantes a partir de 10 anos.

• Danza Clásica 2 NIVEL AVANZADO: con coñecementos previos e novos participantes a partir de 12 anos.

As clases impartiranse no Conservatorio Municipal de Música de Riveira.

Información e preinscricións: 981 873 204 ou danza@riveira.com ou acudindo ao Conservatorio.