Luns 25 de Xuño de 2018

A Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal organiza os Obradoiros conciliación “ MÓVETE”


“MÓVETE” está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade (nados dende o ano 2005 e 2013), nas vacacións de verán.
O programa desta actividade oferta a práctica de actividades lúdicas, culturais, deportivas e de xogo libre que xeren interese, motivación, ilusión,… sempre adaptadas as idades dos nenos e das nenas.
Esta actividade vaise desenvolver nas instalacións do Colexio Salustiano Rey Eiras e tamén se usarán outros espazos públicos do noso Concello para a realización doutras actividades alternativas.
O “xogo” será o piar fundamental arredor do cal se introducirán actividades interdisciplinares de ámbito lúdico, deportivo, cultural,…
As actividades a desenvolver teñen como obxectivo enriquecer o tempo de lecer dos nenos e nenas con propostas amenas nun ambiente de vacacións relaxante, lúdico e divertido.
INSTALACIÓN PRINCIPAL:
· COLEXIO SALUSTIANO REY EIRAS
GRUPOS :
ORGANIZARANSE 2 GRUPOS DE IDADES:
-INFANTIL: nacidos dende o 2011 ao 2013
-PRIMARIA: nacidos dende 2005 ao 2010

MONITORADO
Os/as responsables de desenvolver as distintas actividades son monitores/as de tempo libre e persoal titulado para desempeñar estas actividades.
Os/as monitores serán os encargados de organizar , supervisar e dinamizar todas as actividades que se levarán a cabo.
Tanto a programación como as actividades que se realizan durante as xornadas están adaptadas tendo en conta as idades dos grupos sinalados.

OBXECTIVOS:
Levar a cabo unha metodoloxía de traballo activa, con vivencias lúdico-recreativas propias do verán, fomentando os principais valores da convivencia e autoestima.
Mellorar as habilidades motrices básicas.
Contribuír ao desenvolvemento dunha autonomía persoal.
Establecer relacións de compañeirismo e amizade a través da práctica das diferentes actividades

-¿QUE IMOS A FACER?
·· XOGOS COOPERATIVOS,· ACTIVIDADES SOBRE RODAS
· OBRADOIRO: MANUALIDADES, NATUREZA, MEDIOAMBIENTAIS,…
· GIMKANAS,· TALLER DE BARRO,· RUTAS DE SENDERISMO,· SAÍDAS A PRAIA,· PISCINA,· ACTIVIDADES DEPORTIVAS,· PREDEPORTE,· FESTA DA AUGA,·FESTA DE DISFRACES,· MINIOLIMPIADAS,· EXPRESIÓN CORPORAL,-XOGOS POPULARES E ALTERNATIVOS,-ACTIVIDADES NA PRAIA
-MODALIDADES DE INSCRICIÓN:
Hai diferentes modalidades de inscrición: por mes, quincenas, 5 días a semana, 3 días a semana,…..
SERVIZO COMEDOR: de 14:00h. -16:00h.

-LUGAR DE INSCRICIÓN:
Oficina de Deportes, sita na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler”, no horario de 9.30h. ás 14.30h., tlfnos.: 981832590- 981831545.
Do 12 ao 22 de xuño (para a primeira quenda).
REQUISITOS:
-Recoller o formulario de inscrición e entregalo debidamente cumprimentado coa documentación solicitada, nas oficinas de Deportes do Concello.
-Xustificante de ter aboada a cota na entidade bancaria.

NOTA IMPORTANTE:
Límite de 100 prazas por orde de inscrición e por grupo de infantil e primaria

MÓVETE!! Inclúe:
– Servizo de madrugadores dende as 7:30h con almorzo (opcional)
– Coordinador e director de actividades
– Seguro de Accidentes e de responsabilidade civil
– Actividades adaptadas as idades dos participantes
– Saídas e rutas hacia as praias e espazos naturais do noso Concello
– Posibilidade de servizo de comedor.