Luns 23 de Abril de 2018

O Museo do Humor de Fene abrirá ao público tres tardes á semana ao longo do verán


A PARTIR DO VINDEIRO LUNS A BIBLIOTECA MUNICIPAL ABRIRÁ DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE MAÑÁ

A Concellería de Cultura a Ensino anuncia que a partir da vindeira semana e ao longo do verán, o Museo do Humor de Fene abrirá ao público todos os luns, mércores e venres, de 17.00 a 21.00 horas. Así, o horario do Museo será, a partir do luns 26 de xuño e até o venres 8 de setembro: de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas, e os luns, mércores e venres tamén pola tarde, de 17.00 a 21.00 horas. Sábados, domingos e festivos, pechado.
Por segundo ano consecutivo, o Museo do Humor amplía o seu horario estival para favorecer as visitas dos veciños/as de Fene e comarca e dos moitos turistas que nestas datas visitan Ferrolterra. Dende o Concello de Fene lémbrase que a entrada ao museo é libre e gratuita.
HORARIO DA BIBLIOTECA
A partir deste venres, 23 de xuño, cambia o horario de apertura e atención ao público na Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” de Fene. Con este novo horario, que se prolongará ata o mes de setembro (ata o comezo do curso escolar 2017-2018), a Biblioteca Municipal de Fene abrirá de luns a venres, de 10:00 a 14:15 horas. Sábados, domingos e festivos permanecerá pechada.