Martes 23 de Xaneiro de 2018

Cambre comeza hoxe cos desbroces nas estradas despois de municipalizar o servizo


O goberno local de Cambre decidiu este ano municipalizar o servizo de desbroces das vías públicas de titularidade municipal.

Para iso fíxose un proceso de selección dun operario, un conductor e un capataz que comezaron hoxe a rozar os camiños municipais. Trátase de 220 quilómetros de vías que terán que facer os operarios municipais da brigada de Obras e Servizos.

Os operarios comezaran do norte ao sur do municipio polas parroquias máis rurais e traballarán durante todo o verán para ter as vías públicas limpas e máis accesibles.

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, lamenta a tardanza e pediu á veciñanza desculpas pola tardanza no comezo das rozas. Segundo o propio alcalde, o proceso selectivo retrasou o comezo do servizo. “Este ano farémolo nós cos nosos medios e o noso personal ante as queixas dos anos anteriores sobre as empresas contratadas para o roza de camiños. Levaremos un mayor control das zonas e esperamos que sexa do agrado dos veciños e veciñas”, apuntou o alcalde.