Luns 26 de Febreiro de 2018

Ordes, capital do hóckey a patíns grazas ao II Torneo A.C. Órdenes


Esta fin de semana Ordes o pavillón Castelao I acolleu a centenares de afeccionados e afeccionadas que non deixaron pasar por alto o II Torneo Hóckey sobre Patíns A.C. Órdenes. Dende o venres pola tarde ata hoxe domingo sucedéronse os partidos entre das distintas categorías, dende a micro ata a de veteranos, entre os distintos equipos chegados tanto da provincia da Coruña como de Asturias e León. Concretamente os clubs participantes desta edición foron o Club Hóckey Compostela, Hóckey Club Raxoi (Santiago), Dominicos, Compañía de María (A Coruña), Club Patín Oroso, Club Patín Mieres e APG Bierzo. Ademais tamén se recolleu material escolar en beneficio de Cruz Vermella.