Luns 26 de Febreiro de 2018

Arrancan as actividades de conciliación en Ordes


Deron comezo as actividades de conciliación no concello de Ordes. Ao longo de todo o verán aos nenos e nenas que participan no chamado Summer Camp agárdanlles unha morea de actividades, xogos, obradoiros e saídas para pasar o verán da maneira máis divertida. Con esta iniciativa o Concello de Ordes, en colaboración coa escola ConTalento, quere ofrecer unha alternativa á conciliación familiar durante as vacacións estivais.