Sábado 26 de Maio de 2018

O Concello de Brión clausura o curso das súas escolas municipais de danza e baile tradicional


O auditorio do centro social polivalente de Brión quedou pequeno para acoller o acto de clausura do curso 2016/2017 das escolas municipais de Danza e Baile Tradicional, que organiza o Concello de Brión. Máis de 150 persoas desfrutaron das actuacións dos distintos grupos de baile galego, pandeireta, gaita e percusión e baile moderno.