Xoves 19 de Xullo de 2018

O alumnado da Escola de Música José Verea de Oroso dará mañá venres o seu concerto de fin de curso no centro cultural de Sigüeiro


O alumnado da Escola Municipal de Música José Verea de Oroso ofrecerá mañá venres 30 de xuño, ás 19:00 horas, o seu tradicional concerto de fin de curso. Será no centro cultural de Sigüeiro e a entrada é totalmente libre e de balde.

Polo escenario do centro cultural Fernando Casas e Novoa pasarán agrupacións corais e combos de música dos rapaces e rapazas da Escola, algúns acompañados polos seus mestres e que ofrecerán un variado repertorio musical. A actuación estará presidida polo concelleiro de Cultura, Luís Rey Villaverde, e estará dirixida por Juan Salgueiro, director da Escola Municipal de Música José Verea.