Venres 17 de Agosto de 2018

Este verán o veleiro Fénix VI estará na Pobra do Caramiñal


Dende o departamento de turismo da Pobra do Caramiñal informámolo que este verán o veleiro Fénix VI estará na Pobra do Caramiñal. Poderase navegar pola ría de Arousa para divisar as bateas, embarcacións e a paisaxe; en un veleiro recente de 15 m de eslora.

O traxecto guiado será de 1 hora ademais do tempo de embarque e desembarque (30 minutos mais). O veleiro estará no porto náutico da Pobra do Caramiñal os sábados e domingos do mes de xullo: 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29, 30; E de agosto: 5, 6, 12, 13, 19, 20. A diferentes horas, ás: 10:00, 11:30, 13:00, 16:00, 17:30, 19:00 horas.

Os prezos por persoa son: 12€ por adulto, 8€ por neno menor de 12 anos e as familias con varios nenos terán un desconto.

A reserva e compra de tíckets debese realizar no punto de información turística da Pobra do Caramiñal na actualidade sito no Museo Valle-Inclán, no horario de martes a sábado de 11:00 ás 13:00 h e de 18:00 ás 20:00 h.

Para mais información poden achegarse ao Museo Valle-Inclán, consultar a web oficial: www.apobra.gal, na páxina de Facebook chamada: Turismo A Pobra do Caramiñal ou chamar ao número de teléfono de turismo: 671 090 262.