Martes 11 de Decembro de 2018

Clausura do xuño da Cultura e as Artes


O Auditorio Municipal de Riveira viviu o acto de clausura da sexta edición do Xuño da Cultura e as Artes: unha extensa programación de actividades (máis dun cento) que contou coa implicación e complicidade de 44 colectivos (asociacións, clubs deportivos, etc.) ademais de 14 servizos municipais do Concello coordinados todos eles polo Departamento de Cultura.

No acto foron obsequiadas todas estas entidades ademais de contar coa actuación do grupo de música tradicional Bailadela.

A clausura estivo precedida da presentación do V recompilatorio de A Voz de Barbantia e saída do número 126 do suplemento cultural do mesmo nome.