Mércores 24 de Outubro de 2018

Touro organiza o próximo sábado 8 de xullo a III Xornada de Pesca Infantil


O Concello de Touro organiza o próximo sábado, 8 de xullo, a III Xornada de Pesca Infantil destinada aos nenos e nenas de seis a doce anos que queiran coñecer o mundo da pesca no río e estar tamén en contacto coa natureza. A xornada de pesca fluvial terá lugar a partir de las 11.00 horas na Área Recreativa da Santaia. Técnicos da Consellería de Medio Ambiente soltarán a primera hora da mañán no río Lañas arredor de 250 troitas autóctonas procedentes do Centro Ictioxénico de Sobrado dos Monxes. E a partir das 11.00 horas os nenos e nenas participarán na xornada de pesca e atenderán ás explicacións e consellos dos técnicos de Medio Ambiente. Será tamén unha xornada didáctica sobre naturaleza. Os interesados en participar ainda teñen de prazo ata mañán, día 5 de xullo, para apuntarse. Poderán facelo no Departamento de Cultura ou no teléfono 981.814566. Os nenos ou nenas que teñan caña deberán indícalo.