Venres 19 de Xaneiro de 2018

O artista Hugo Mario expón as súas pinturas na Casa do Concello de Riveira


A Casa do Concello alberga dende hoxe unha nova exposición: trátase dunha retrospectiva do autor Hugo Mario Pereira.

Hugo Mario, artista uruguayo afincado no Grove, trae ao Consistorio Local un total de 22 das súas creacións elaboradas a partir do 2009.

Esta mostra é resultado da colaboración do Concello coa Galería O Faiado de Santa Uxía.

Neste senso, Eugenia Gómez como responsable desta galería, o alcalde Manuel Ruiz e o propio autor quixeron presentar unha exposición que se prolongará ata este 31 de xullo.