Mércores 24 de Outubro de 2018

Touro impulsa entre os veciños a cultura da reciclaxe



Dous técnicos explicaron hoxe, aproveitando a celebración da feira do día 5, aos habitantes do Concello que “a reciclaxe de residuos é un esforzo de todos e merece a pena”

O Concello de Touro está convencido de que a reciclaxe de residuos é responsabilidade de todos. No traballo que ven facendo dende fai anos para que a cultura da reciclaxe cale entre os habitantes do Concello, inclúese a compaña que hoxe se desenvolveu no centro de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, aproveitando a presencia dos veciños e veciños que se achegaron con motivo da feira que todolos días 5 de cada mes se celebra nas rúas de Fonte Díaz. Entre os postos de roupa e zapatos e tamén entre as tradicionais pulpeiras instalouse unha carpa informativa “Separemos ben, reciclemos mellor, Non rompas o esforzo de todos. Recicla”. Esta iniciativa que hoxe vistou Touro xa comenzou o ano pasado e desenvólvese durante 2017 promovida pola Xunta de Galicia, por Sogama e por Ecoembes. “Isto non é unha lata, é a oportunidade de conservar o medio ambiente”. É outro lema da campaña. Dous técnicos explicaron hoxe na carpa instalada no centro de Touro a veciños e veciñas ás ventaxas de reciclar. E indicaron que “hai que reciclar máis, porque o envase que non se recicla, non o reclica ninguén”. Tamén explicaron que producto para reciclar vai en cada contenedor. O Concello de Touro está concienciado en potenciar a reciclaxe. Xa reparteu entre os veciños interesados compostadores para reciclar os residuos orgánicos. E tamén colocou en todas as parroquias illas con os diferentes contenedores para facilitar a reciclaxe dos veciños. “Nosa aposta non ten volta atrás porque a reciclaxe é responsabilidade de todos, non caben disculpas”, asegurou o alcalde de Touro, Ignacio Codesido.