Mércores 15 de Agosto de 2018

O Concello de Brión saca a licitación obras de mellora de pistas municipais por 160.000 euros


O Concello de Brión vén de sacar a licitación dous proxectos de obras de mantemento e mellora de pistas municipais por un importe de 160.316,94 euros. Trátase da reparación da pista de acceso á aldea da Torre (44.342,08 euros) e da pista que une a capela de Santa Minia coa aldea do Enxo (115.974,86 euros), en ambos casos na parroquia de Brión e ata o seu límite co Concello de Ames.

Ambas pistas son de asfalto, polo que será preciso realizar unha limpeza previa da súa superficie, unha limpeza das cunetas, un bacheado da superficie (actualmente en mal estado de conservación) e posteriormente un rego de imprimación asfáltica. Uns traballos que teñen un prazo de execución de dous meses.

Estas dúas obras están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2017 da Deputación Provincial da Coruña e a súa licitación foi publicada hoxe xoves tanto no Boletín Oficial da Provincia como no Perfil do Contratante do Concello de Brión.