Venres 23 de Febreiro de 2018

A estación móbil da ITV agrícola estará na unitaria de Ons na mañá do venres 2 de marzo


O Concello de Brión informa de que a estación móbil UM3 que realiza a inspección técnica periódica obrigatoria de vehículos agrícolas e de obras e servizos vai estar na explanada da escola unitaria de Ons o venres 2 de marzo, en horario de 9:00 a 13:30 horas. Os veciños e veciñas que desexen realizar esta inspección deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da web www.cycitv.com.