Sábado 15 de Decembro de 2018

Os Concellos de Frades e Mesía inician un curso conxunto de preparación dos exames para obter o graduado en ESO


As clases, para as que aínda hai prazas libres, terán lugar no local social de Papucín (Frades) todos os luns, martes e mércores, de 20:30 a 22:00 horas

Os concellos de Frades e de Mesía organizan un curso preparatorio dos exames para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos e que comezou a impartirse onte luns no local social de Papucín (Frades). Unhas clases que terán lugar todos os luns, martes e mércores, en horario de 20:30 a 22:00 horas, ata a celebración dos exames convocados pola Xunta de Galicia para o vindeiro mes de maio.

Este curso de formación de adultos comezou a impartise na noite de onte luns da man de Eumaxín, centro de atención socioeducativa. Unha primeira sesión que contou coa presenza dos concelleiros de Ensino e de Maiores de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa e Jesús Francos Sánchez, quen animaron á ducia de alumnos e alumnas a traballar para superar con éxito as probas para a obtención do título de graduado en ESO.

Como aínda quedan algunhas prazas libres, as persoas interesadas en participar poden anotarse chamando aos Concellos de Frades (981 695 567 –Juan Carlos) ou Mesía (981 687 001 – Pilar ou María José). O prezo é de 25 euros ao mes, no caso de precisar preparar os tres ámbitos (científico-tecnolóxico, social e comunicación).