Xoves 18 de Outubro de 2018

O martes de entroido, 13 de febreiro, é o turno dos ‘xenerais da Ulla’ da parroquia de Fao, concello de Touro


O martes de entroido, día 13 de febreiro é o turno da parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao unha das citas do entroido que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa de Fao coa Rumba da Susita. Contará a continuación co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao. Tamén está previsto o tradicional enterro do entroido de Fao. E outras trangalladas.