Mércores 17 de Outubro de 2018

Cambre entroniza o Meco do Entroido


O boneco colga xa do blacón do Consistorio e o domingo 18 levarase ata o río con Enterro da Sardiña

Hoxe tivo lugar a apertura do Entroido na Casa do Concello de Cambre coa entronización do Meco que vai presidir o noso Entroido. Un evento que xa se celebrou hai décadas en Cambre e que volve coa forza e o sabor das máis fermosas tradicións.

Por outra banda, esta mesma tarde continuando coa programación do Entroido terá lugar a actuación do mago e prestixioso ilusionista galego Martín Camiña. A cita será o no Centro Sociocultural do Graxal. Trátase dun espectáculo novidoso para toda a familia, debido ao éxito de edicións anteriores, dende o goberno municipal, facemos un esforzo para que ninguén quede fóra deste espectáculo de fantasía e misterio. Por iso programamos un primeiro pase ás 17.30 h e unha segunda función ás 19.30 h. A entrada é de balde.
E tamén hoxe a partir das 21.00 horas na Casa da Cultura proxectarase o filme de Pedro Carvajal “Martes de Carnaval”. O reparto está composto por Fernando Guillén, Miguel Molina, Elisa Montes, Juan Diego, Angela Molina, Laura Ponte, Ángel de Andrés López, Dorotea Barcena, Mónica Molina, Montse Budiño, Rosa Álvarez.