Martes 18 de Setembro de 2018

A veciñanza de Restande (Trazo) celebra a tradicional Festa da Corrida do Galo


Centos de veciños e veciñas da parroquia de Restande (Trazo) celebraron este domingo a tradicional Festa da Corrida do Galo. Moitos dos veciños acudiron ao campo da festa cos seus distintos disfraces e disfrutaron dunha gran festa de Entroido con xogos, moita diversión e servizo de polbeira.