Martes 18 de Setembro de 2018

Os de Sempre, Asociación Veciñal de Carreira e a Redonda Vella, primeira, segunda e terceira no Festival de Murgas de Riveira


A murga “Os de Sempre” de Porto do Son, a da Asociación Veciñal Cultural e Prestadora Servizos á Mocidade de Carreira e a Asociación A Redonda Vella ocuparon o primeiro, segundo e terceiro posto no Festival de Murgas de Riveira celebrado na tarde de onte na carpa de Entroido do Malecón.

Estes tres grupos acadaron 26, 24 e 24 puntos, respectivamente, e foron agraciados con premios en metálico de 1.000, 600 e 400 euros.

Cómpre lembrar que foron un total de dez murgas (dúas delas infantil) e unha comparsa as que se deron cita no evento de martes de Entroido. Tamén participaron as charangas O Santiaguiño de Padrón e Fanfarria Furruxa de Caldas de Reis

En canto ao xurado, estivo integrado por Manuel Sobrado Rial (profesional especialista no apartado de Letra e Música), Teresa Bretal Laranga (Vestiario), Ángeles Pérez Pérez (Maquillaxe e Perruquería) e Óscar Romero (Posta en Escena), así como un membro elixido polo público. Actuou como presidenta a concelleira Esther Patiño.