Luns 18 de Xuño de 2018

Novo curso gratuíto de lingua galega Celga II


O SNL impartirá as clases dende marzo ata maio, os luns e xoves en horario de mañá. O prazo de inscrición xa está aberto para todas as persoas interesadas

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes pon en coñecemento de todas as persoas a nova convocatoria do curso de lingua galega para a obtención da certificación Celga II. A inscrición, de balde para todos e todas, poderase realizar dende hoxe mesmo e ata o vindeiro 15 de marzo a través do teléfono 981680002 ou ben presencialmente nas oficinas situadas nos baixos da alameda (Rúa Xoxardo). O curso terá lugar dende o 22 de marzo ata o 24 de maio, concretamente os luns e xoves de 10 a 12.30 horas.