Martes 18 de Setembro de 2018

Cambre festexa o Entroido Pequeno máis grande do Mundo con milleiros de persoas


Preto de 5.000 persoas presenciaron o Entroido pequeno acompañados do bo tempo

O sábado tivo lugar o desfile do Entroido que reuniu a milleiros de persoas, preto de 5.000 segundo a Policía Local.

No desfile do Entroido participaron unha trintena de carrozas, comparsas que desfilaron desde o Pavillón Sofía Toro ata Cela para regresar ata o centro de Cambre.

O evento contará coa actuación de Azúcar Moreno e da Orquestra Trébol.
O edil de Cultura tamén Sinaloa que o Entroido se retransmitirá en directo pola TVG no programa Aquí Galicia!.

PREMIOS

O gañador na categoría de carrozas foi Bribesley Hills Oktobribes Fest, que se levaron o primeiro premio dotado con 400 euros.

Este ano os gratificacións ás carrozas de cambre participantes aumentaron ata os 300 euros. Os gañadores recibirán na categoría de carrozas 400, 300, 200 e 100 euros respectivamente. Na categoría de comparsas recibirán 200 e 100 euros, primeiro e segundo premio. E o mellor disfraz en xeral e o mellor disfraz infantil recibirán un cheque por valor de 100 euros.