Luns 10 de Decembro de 2018

A maleta da avoa, este venres nas Tardes de contos e lendas


A sesión, que terá lugar ás 18.30 horas, vai dirixida a nenos e nenas de 6, 7 e 8 anos e será necesario inscribirse previamente

A maleta da avoa é o título do relato que este vindeiro venres ás 18.30 horas se ofrecerá na biblioteca municipal de Ordes, dentro da actividade Tardes de contos e lendas. Os nenos e nenas que desexen acudir deberán inscribirse previamente na mesma biblioteca en horario de mañá, ou ben chamando ao 981681992. A sesión está especialmente dirixida aos menores con idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos.